Intersección. Festival de Arte Audiovisual Contemporánea

INTERSECCIÓN – IV FESTIVAL DE ARTE AUDIOVISUAL CONTEMPORÁNEA

 22 o 31 de outubro. Fundación Luis Seoane, Teatro Colón e Planetario

INTERSECCIÓN – Festival de Arte Audiovisual Contemporánea focaliza a súa programación en obras que se atopan no cruce da arte contemporáneae o cine de vangardia, abarcando unha gran variedade de formatos, técnicas e linguaxes. INTERSECCIÓN conta por primeira vez cunha liña temática que guía a edición deste ano. O  festival reflexiona en torno ao urbano, a cidade e a arquitectura. Se ben a sección Trazados, tránsitos e cidadelas é a que más evidentemente reflexa este interés, os seus ecos poden encontrarse noutras seccións coma o foco a Antoni Muntadas ou a sección Planetario.

Trazados, tránsitos e cidadelas na Fundación Luis Seoane

O programa Trazados, tránsitos e cidadelas está composto por unha serie de traballos que non so analizan o contemporáneo dende a arquitectura, senón que pensan o urbano de forma pertinente, crítica e transformadoramente. O programa enfróntase ao urbano, a cidade e a arquitectura a través de propostas de recuperación, rexeneración, desmaterialización e construción de utopías. Destacan pezas como Pasaia Bitartean que é unha aproximación fílmica ao entramado urbano de Pasaia, municipio no que se ubica o principal porto comercial de Guipúzcoa. O seu tecido industrial e urbano creceu e estructurouse en torno á actividade do porto que, a partir da crise dos 70 e ata a actualidade, foi diminuíndo.

A sección compóñena, por unha parte, unha exposición na que artistas de todo o mundo plantexan a súa visión do urbano e do espacio común e, por outra, tres sesións de proxeccións, nas que se pon o foco na obra de catro destas artistas: a canadiense Sabrina Ratté, a marroquí Randa Maroufi, a española Clara Aparicio e la alemana Susane Wiegner

 

Antoni Muntadas

O festival adica este ano un foco ao catalán Antoni Muntadas, referente internacional da videoarte, que expuxo en museos e eventos tan importantes coma o MoMA, o Reina Sofía, a Bienal de Venecia ou a Documenta de Kassel, ademáis de ser galardoado co Premio Nacional de Artes Plásticas en 2005 ou o Premio Velázquez de Artes Plásticas en 2009.

O foco revisa a cidade e a súa idiosincrasia á luz da obra deste artista, que adicou gran parte da súa carreira a profundizar e poñer no punto de mira o fronteirizo, a construcción do medo e a arquitectura do poder. 

A obra de Muntadas explora temas sociais, políticos e de comunicación, a relación entre o espazo público e privado dentro dun marco social, e investiga as canles de información e a forma en que son utilizados para censurar ou promulgar ideas. Traballa en distintos medios, coma fotografía, vídeo, publicacións, internet e instalacións multimedia.

Como parte das actividades de formación que ofrece o festival, Antoni Muntadas impartirá uhna masterclass.

 

 

Sección Planetario no Planetario da casa das ciencias.

INTERSECCIÓN estrea a sección Planetario, adicada ao cine de cúpula. O festival convírtese así no primeiro festival galego que adica unha sección a este formato. Planetario recolle baixo o seu paraugas unha mostra heteroxénea de traballos procedentes de múltiples países, entre os que destacan o francés Jérémy Oury, o ruso Sergey Prokofyev, o bielorruso Asya Dyro e o alemán Robert Sawallisch, que estarán presentes en A Coruña para presentar as súas sesións e manter coloquios co público.

As obras que se proxectarán xogan coa variedade de linguaxes e co espazo semiesférico da pantalla para crear ilusións arquitectónicas e definir unha experiencia audiovisual inmersiva e envolvente. As pezas desenrolaranse a través da vídeo danza, a animación 3D, os efectos ópticos, o videomapping ou o stopmotion, entre outros recursos. 

Ademáis das dúas sesións pensadas para adultos, haberá dúa sesións de Planetario para público infantil.

 

Death Whistle no teatro Colón

A sesión inaugural do festival correrá a cargo de Víctor García, deseñador sonoro e compositor de largo recorrido, que baixo o nombre artístico Death Whistle presentará o seu show audiovisual máis vanguardista ata a data: Concreto. Neste espectáculo combina a abstracción xeométrica coa arquitectura, a natureza e a luz fracturada a través do seu particular universo visual e sonoro.