Concurso de deseño de cartel e vídeo

Concurso de deseño de cartel e vídeo para lle dar publicidade ao protocolo de actuación ante situacións de acoso

BASES DO CONCURSO

1. Información que debe figurar nas propostas de cartel e de vídeo – Tanto o cartel como o vídeo débense orientar a darlle publicidade ao “Protocolo de actuación ante situacións de acoso sexual, por razón de sexo, por orientación sexual e identidade ou expresión de xénero” da UDC, que se pode atopar nesta ligazón.

2. Requisitos técnicos
As presentacións deben ser nos seguintes formatos:
– Cartel: entregarase en formato jpg con 300 ppp.
– Vídeo: terá unha duración de 2 minutos como máximo e 1 minuto mínimo. Admitiranse vídeos realizados con dispositivos móbiles ou en plataformas dixitais creadas para tal fin (Tik-Tok ou similar) sempre que estean libres de publicidade e que conten cos permisos de reprodución e difusión pertinentes.

3.Os premios para as dúas mellores obras consistirán nunha dotación económica de:
• 200 € para o cartel
• 300 € para o vídeo

Atopa toda a info aquí.

A convocatoria está aberta até o 24 de outubro do 2021.

Participa!