Fallo do II PREMIO PFC/TFM ARQUITECTURA SUSTENTABLE “MYRIAM GOLUBOFF” para TFM presentados na ETSAC
1. Outorgar o premio, dotado con 300€, certificado e un lote de libros, ao traballo co lema EPCB01. Valórase a integración no ámbito, a incorporación de conceptos do ciclo de vida dos materiais para a súa selección e definición, así coma a observación de referencias relevantes.
2. Seleccionar coma finalista o proxecto co lema XCIb12, que recibirá un lote de libros e un certificado. O xurado valorou a reflexión e análise dos condicionantes ambientais como paso previo ao desenvolvemento da proposta.
3. Declarar deserto o terceiro finalista. Segundo o criterio maioritario do xurado, ningunha das outras propostas presentadas mostrou o nivel necesario, en canto a calidade arquitectónica e a súa estratexia ambiental, para acadar a condición de finalista.
A autoría corresponde a:
Primeiro premio EPCB01:
· Diego Díaz Gómez, Mestrado en Estudos de Arquitectura
Finalista XCIb12
· Carmen Omil Rivas, Grao en Arquitectura
O acto de presentación e entrega dos premios será anunciada proximamente na web da ETSAC.
A Coruña, ás 14:00 horas do 8 de outubro de 2021.
O xurado en pleno.