Bauhaus. Ciclo 2. RAGBA

Este é o segundo ciclo de conferencias organizado pola Real Academia Galega de Belas Artes que aborda o estudo da Bauhaus. Neste caso, céntrase no legado creativo das mulleres e a súa contribución necesaria ao desenvolvemento da Modernidade.

Celébrase os martes 28 de setembro e 5, 19 e 26 de Outubro, ás 20.00h, con conferencias da artista plástica Luisa Valdés e as profesoras da ETSAC: Yolanda Pérez Sanchez, Estefanía López Salas e Luz Paz Agras.

É preciso reservar no teléfono 981 211602 ou no mail: info@academiagalegabelasartes.gal

Atopa o programa aquí.