Competición Global Management Challenge 2021-2022

Convocatoria da edición 42 do simulador empresarial Global Management Challenge (GMC).
O simulador GMC proporciona aos estudantes universitarios unha formación de balde que supón unha importante oportunidade para comprender o funcionamento dunha empresa e o proceso de toma de decisións na súa xestión. Ademais da aprendizaxe que adquiren, esta formación permite aos estudantes desenvolver as súas habilidades de traballo en equipo, liderado e resposta baixo presión, principalmente.
O proxecto parte de grupos formados por 3-4 estudantes e as competicións son en primeiro lugar por comunidade autónoma (fase completamente online), pasando os mellores equipos a unha final autonómica, e todos os gañadores de comunidade autónoma se atoparán xuntos nunha final nacional que representará a España na final internacional.
Prazo de inscrición até o 8 de novembro.
Atopa toda a info aquí.