O sistema universitario galego a través da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento convoca un “Curso de Formación Específica de Posgrao en Cooperación e Educación para o Desenvolvemento”, que nesta cuarta edición impartirase telemáticamente.
O curso ten unha carga de 6 ECTS e está aberto a persoas graduadas e, con certas condicións a estudantes que teñan superado 180 ECTS nos seus estudos.
A formación ofrece unha alta especialización nas tácticas da cooperación internacional ao desenvolvemento, desde a presentación dos enfoques conceptuais e as dimensións legais, sociais e técnicas da disciplina até a identificación, formulación e execución de proxectos, incluíndo os de emerxencia e de axuda humanitaria.
Matricula: 50 €. Prazo de matrícula: até o 27 de setembro.
Atopa toda a info aquí.
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.