I CONCURSO “PASCUALA CAMPOS DE MICHELENA”

A Comisión para a Igualdade de Xénero da ETSAC convoca o I Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva de Xénero PASCUALA CAMPOS DE MICHELENA co obxecto de incentivar a realización de traballos que inclúan a perspectiva de xénero por parte do alumnado de graos e mestrados, e contribuír, deste xeito, a promover a introdución da perspectiva de xénero na investigación e a docencia na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña.

Neste concurso contémplanse dúas modalidades distintas: traballo fin de grao (TGF) e traballo fin de mestrado (TFM).

Poderán presentarse os traballos fin de grao e fin de mestrado defendidos nos últimos catro cursos académicos: 2017/2018, 2018/2019, 2019/2020 e 2020/2021; en calquera das titulacións oficiais de grao e mestrado impartidas na  ESTSAC, durante os períodos de tempo antes indicados.

O prazo de presentación dos traballos permanecerá aberto desde o día seguinte da publicación desta convocatoria ata as 14 h do 15 de outubro de 2021.

Atopa as bases aquí.