I Concurso móvete polos ODS

A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD), convoca o I Concurso de vídeos “MÓVETE POLOS ODS” co obxectivo de dar a coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento sostible (ODS) de Nacións Unidas e sensibilizar á comunidade universitaria, e á sociedade en xeral, sobre a importancia de que todas as persoas formemos parte da solución aos grandes retos mundiais sobre a desigualdade, o cambio climático, a perda da biodiversidade, etc…

O dito Concurso está aberto a vídeos de 1 min de duración en formato mp4, coa temática de como se pode contribuír individualmente á consecución dalgunha das 169 metas nas que se materializan estes obxectivos.

Poderán presentarse ao certame de maneira individual ou en grupo, todo o alumnado matriculado nas universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto dende o día seguinte á publicación desta convocatoria ate as 14:00h do 30 de setembro de 2021.

Atopa toda a información aquí.