Plan da cultura marítima de Galicia-Horizonte 2030

O pasado luns 5 de xullo a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, asinou un convenio de colaboración co reitor da Universidade da Coruña e o presidente do padroado da Fundación Universidade da Coruña (FUAC), José María Barja, para a elaboración do Plan da cultura marítima de Galicia-Horizonte 2030. Este acordo permitirá deseñar un plan de accións para protexer o patrimonio e a cultura marítima de Galicia e blindar o seu futuro.

A colaboración, que estará vixente ata o 31 de decembro de 2023 con opción de prórroga, tradúcese nunha investigación dirixida polo profesor da nosa Escola Óscar Fuertes para definir as liñas de traballo principais establecendo compromisos, liñas estratéxicas e accións para os vindeiros exercicios.

Atopa a nova publicada pola UDC aquí.