Bolsas de formación – INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO convoca seis bolsas para persoas con grao en Arquitectura ou con grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante.

Ven de ser publicada a resolución do 8 de xuño de 2021 pola que se convocan as bolsas de formación para o ano 2021, para entre outras seis bolsas para persoas con grao en Arquitectura ou con grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante.

O prazo para presentación de solicitudes remata o 19 de xullo 

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) é un organismo autónomo adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ao cal corresponde a realización das políticas de vivenda e solo.

Coa finalidade de que as persoas con titulacións universitarias e de grao relacionadas cos ámbitos de actuación do citado organismo poidan complementar os seus coñecementos teóricos cunha formación práctica que lle permita afrontar con maiores garantías o seu futuro profesional, o IGVS quere darlles a posibilidade de que se formen nas materias relacionadas coas funcións que lle son propias.

Atopa toda a info aquí.