Premio Ingeniería Solidaria

Enxeñería Sen Fronteiras convoca o “Premio Ingeniería Solidaria”.

Poderá participar calquera estudante pertencente a unha escola de enxeñería ou arquitectura dunha universidade española. Hai dúas categorías -TFG ou PFC e TFM-, en tódolos casos presentados entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 31 de decembro de 2020.

O prazo máximo de presentación será o día 24 de xullo de 2021 á 23:59.  

Este premio quere recoñecer os traballos tecnolóxicos de ensaio, investigación, esculca bibliográfica e técnica aplicada, que aporten innovacións, prácticas e teóricas, desde as escolas de enxeñería ou arquitectura de calquera universidade española, reivindicando o papel e o compromiso destas institucións na transición cara un desenvolvemento humano sustentable en todo o mundo.

Atopa toda a info aquí.