CINCO OBRAS GALEGAS PREMIADAS NA XV BEAU

O pasado luns 28 de xuño déronse a coñecer os proxectos premiados na XV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo, nunha ceremonia que tivo lugar no Pavillón alemán de Mies van der Rohe na cidade de Barcelona. Unha vez máis, con enorme satisfacción comunicamos que, dos vinte premiados, cinco proxectos son galegos

Parabéns a Carlos Pita Abad e Abraham Castro Neira – Campo de fútbol de A Gandareira -, Fuertespenedo Arquitectos – Rehabilitación de vivenda unifamiliar en Miraflores -, Salgado e Liñares Arquitectos – Complexo turístico Albeida -, FLU-OR Arquitectura + Alba González – Tribuna Pública -, e Carlos Seoane – O’Banco do Piñeiro -.

Seguimos de noraboa!