OBRADOIRO -CONCURSO Valgada Campus de Lugo

Un obradoiro sobre paisaxe busca poñer en valor a valgada do Campus de Lugo

O certame desenvolverase do 14 ao 18 de xuño e as inscricións será gratuíta

O grao en Paisaxe, a iniciativa da USC e a Deputación de Lugo, desenvolve o primeiro obradoiro ‘Valgada do Campus de Lugo’, unha iniciativa que pretende poñer en valor esta zona a través dun concurso de ideas co fin de conseguir propostas paisaxísticas de calidade para a súa rexeneración. O obradoiro terá lugar dende o 14 ao 18 de xuño e está dirixido aos estudantes matriculados tanto no grao en Paisaxe, como nos restantes títulos impartidos na Escola Politécnica Superior de Enxeñería da USC e na Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC. Admitirase un máximo de 24 participantes que serán organizados en seis grupos de traballo. A inscrición de balde pode formalizarse a través do enderezo electrónico info@gradopaisaje.es

“A través deste obradoiro pretendese mostrar a forma de traballo en proxectos de paisaxe, onde o interdisciplinario resulta fundamental, polo que se establecerán grupos de traballo nos que se primará a integración de estudantes de diferentes procedencias ou titulacións afíns á paisaxe”, sinalan dende a organización do certame. Entre as propostas dos diferentes grupos outorgarase un primeiro premio e un accésit cunha retribución de 600 e 200 euros, respectivamente.

Fórmula sostible

O obxecto desta iniciativa é a ampla zona libre situada na parte central do campus. Dada a súa escala e falta de uso para o que foi previsto, é necesaria unha reconsideración do seu emprazamento e idoneidade. “Por ser esta zona unha valgada que desemboca no río Miño faise necesaria unha fórmula máis sostible da xestión da auga e a relación coa infraestrutura viaria circundante”, apuntan dende a organización do certame.

O tratamento da valgada e o seus bordes, a auga como elemento fundamental e estruturante da paisaxe, así como a intervención no auditorio ao aire libre, sobre a rede de camiños e sobre a cobertura vexetal serán os eidos de actuación deste certame.

Obradoiro Valgada do campus de Lugo_programa3