II Premio PFC/TFM Arquitectura sustentable “Myriam Goluboff”

II PREMIO PFC/TFM ARQUITECTURA SUSTENTABLE
“MYRIAM GOLUBOFF”

Este premio ten como obxectivo incentivar a integración de criterios de sostibilidade na concepción dos proxectos arquitectónicos e urbanísticos da comunidade estudantil da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña.

Sendo o Traballo Fin de Mestrado (e antigos PFC e TFG-B1) un exercicio de síntese do todo o coñecemento adquirido ao longo dos estudios neste centro trátase de premiar ao traballo no que mellor conflúan a calidade arquitectónica e a integración de estratexias ambientais eficaces.

O premio está nomeado en honor a arquitecta e profesora da ETSAC Myriam Goluboff que foi pioneira na introdución de aspectos ambientais e de sostibilidade na nosa escola.

Inscrición en liña:  Do 05/06/2021 ao 05/07/2021
Descarga do cartaz.
Formulario de inscrición e envío de panéis.

Cada ano por estas datos repetinos as mesmas mensaxes: a saúde da nai terra está lesionada.
Sabemos que os responsables desa dano somos nós, coa aplicación de formas de ser e estar que consideraron ilusoriamente que os recursos do planeta eran inextinguibles.
Sabemos tamén que decisións son as que debemos tomar para tan sequera deter a progresión do dano. Incluso temos consensuado unha razoable axenda global, a Axenda 2030, para levarnos cara unha solución.
A Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña, consciente da súa responsabilidade social quere dar un paso hoxe cara esa axenda global que compaxina desenvolvemento e sustentabilidade convocando o premio Miriam Golubof para incentivar a reflexión dos arquitectos e arquitectas do futuro sobre o mundo no que lles tocará vivir.
Honramos tamén a Miriam, quen neste pequeno lugar onde o mundo se chama ETSAC, desvelounos a relevancia da arquitectura na construción dunha sociedade harmónica coa natureza, resiliente e saudable.

Plácido Lizancos. Director da ETSAC
Na Coruña, no dia mundial do medio ambiente de 2021