A Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo ven de publicar este 2 de xuño a relación de candidaturas finalistas nas categorías de Investigación, Proxectos fin de Carreira e Fotografía.
Prácenos comunicar que, de entre todas elas, contamos unha vez máis con representación da nosa Escola.
Parabéns a Guillermo Pomar Blanco (finalista na categoría de PFC), Óscar Pedrós, Antonio Giráldez e Pablo Ibáñez (finalistas na categoría de Investigación – Publicacións) e Carlos Seoane (finalista na categoría de Investigación – Producto).