INCOADO PROCEDEMENTO PARA DECLARAR BEN DE INTERESE CULTURAL A CASA CORNIDE

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia ven de incoar o procedemento para declarar BIC (ben de interese cultural) a Casa Cornide na Coruña, un edificio ubicado no corazón da Cidade Vella da Coruña e que en tempos foi utilizado pola familia Franco. 

A complexidade do expediente levou á Xunta de Galicia activar o mecanismo de informe aos órganos consultivos definidos pola Lei, como é a Universidade.  

Sendo a ETSAC requirida para isto, emitiu un informe favorable á incoación como BIC deste edificio por acordo unánime da Xunta de Escola celebrada o pasado 18 de marzo de 2021. AO informe positivo susténtase nos sobresaíntes valores arquitectónicos e urbanísticos do edificio.

Acordo da Xunta de Escola aquí.

Texto completo da Resolución publicada no Diario Oficial de Galicia o 24 de maio de 2021 aquí.