Os Young European Architects Awards 2020 recoñecen o talento da ETSAC

Os YTAA Young European Architects Awards 2020 recoñecen na súa edición de 2020 obra producida en Galicia por xentes da ETSAC.

Obteñen mención honorífica na categoría Living Together a escola infantil na Veigadaña, no concello de Mos, obra de Estefanía Grandal Leirós, Juan Ignacio Prieto López e Faustino Patiño Cambeiro.

Na categoría Heritage son recoñecidos fuertespenedo arquitectura pola súa restauración dunha casa rural en Miraflores, Muros

YTAA forma parte do Premio de Arquitectura Contemporánea da Unión Europea–Premio Mies van der Rohe, organizado por la FundacióMies van der Rohe co apoio do programa CreativeEurope daUnión Europea, en colaboración coa European Association for Architectural Education (EAAE) e o Architects’ Council of Europe (ACE-CAE)

Tes toda a info aquí: https://www.ytaaward.com/news/

As entradas deste premio será exhibidas como evento colateral da Bienal, desde o 22 de maio ao 28 de setembro na XVII Bienal de Arquitectura de Venecia