PROXECTOS DA ETSAC RECOÑECIDOS NA XVII BIENAL DE ARQUITECTURA DE VENECIA

PROXECTOS DA ETSAC RECOÑECIDOS NA XVII BIENAL DE ARQUITECTURA DE VENECIA

 

¿Cómo viviremos xuntos?

Este foi o tema proposto para a XVII Bienal Internacional de Arquitectura de Venecia polo seu comisario, Hashim Sarkis, aínda antes da emerxencia da pandemia.

O Pabellón de España presenta unha ampla selección de proxectos que se achegan ao traballo de profesionais que “aproveitaron a incertidume como oportunidade para buscar novos usos para as ferramentas que ofrece a Arquitectura (con maiúscula), aportando novas reflexións e formas de exercer un oficio que sabe evolucionar para adaptarse a todas as dimensións e necesidades dunha sociedade en constante cambio”.

Entre os proxectos mostrados inclúense varias achegas de xente ETSAC.

Proxecto seleccionado:

CANS: ARQUITECTURAS DE CONSENSO

Da autoría de Juan Creus Andrade e Covadonga Carrasco López. Colaboradores: Bárbara Mesquita, Miriam Núñez e Mónica Rodríguez (CreuseCarrasco); Alejandro; Blanco e Iago Carro (O Pacto de Cans); Noelia González; colectivo Hábitat Social (Ducia de Cans); Colectivo FETSAC / Grupo GCeT / pARQc e Fundación Juana de Vega.

Un traballo que experimenta desde a arquitectura con novas formas de convivencia a través da dinámica do festival de cortometraxes de Cans, acompañando o pulo da veciñanza para ensaiar transformacións que van alén do regrado e do convencional.

Segunda selección:

EMPTY CORUÑA?

Da autoria de Plácido Lizancos, Manuel Docampo, Estefanía Calo, Sonia Rodríguez, David Pereira e una amplo equipo transdisciplinar.

Unha análise dos efectos da crise inmobiliaria no corpo da cidade na área urbana da Coruña.

KAYA CLINICA

Plácido Lizancos, Luis Lage, Vanessa Miguez, Alberto Varela e Santiago López e un amplo equipo transdisciplinar da UDC e da Universidade Eduardo Mondlane.

Un proxecto de construción do dereito á cidade nun barrio autoproducido de Maputo, Mozambique.

MÁS ALLÁ DE LO HUMANO. BARTLEBOOTH

Pablo Ibáñez e Antonio Giráldez

Un proxecto editorial que despraza o foco da axencia arquitectónica cara a responsabilidade critica no complexo ecosistema no que nos encontramos.

A Exposición estará aberta desde o 22 de maio até o 21 de novembro de 2021. Mais info en: https://uncertainty.es/