Roteiro da exposición “Camiño Negro”

Roteiro polo trazado do poliduto que rodea á cidade desde o porto petroleiro ata a refinería, unha franxa de espazo libre que atravesa diferentes barrios e condicións urbanas da Coruña: ámbitos de bordo non consolidados, tecidos residenciais do século XX, áreas industriais e terciarias, núcleos de orixe rural e grandes infraestruturas de comunicación.

Durante o percorrido, comentaránse as diferentes situacións urbanas visitadas, prestando especial atención aos usos formais e informais que acolle e aos tipos de espazos que se crean sobre o poliduto a partir do diálogo e grao de integración coa súa contorna inmediata.

A hipótese principal que guiará o roteiro é que camiñaremos por un espazo urbano contemporáneo e verdadeiramente excepcional, un lugar que cumpre coñecer fondamente antes de formular ideas para a súa futura transformación cando o poliduto deixe de estar en funcionamento.

Saída o 22 de maio na fonte do parque de San Diego.

Atopa toda a info aquí.