PUBLICADA A RELACIÓN DE FINALISTAS DOS FAD 2021: A ETSAC NOVAMENTE DESTACADA

Os premios FAD, decanos dos galardóns de arquitectura e interiorismo europeos veñen de comunicar hoxe a súa selección de finalistas.

Con enorme satisfacción comunicamos que na categoría de “Ciudad y paisaje” foron nominados de entre os catro finalistas os profesores da ETSAC Carlos Pita pola remodelación da Praza de Armas de Ferrol, un espazo recuperado para a cidadanía no centro urbano desa cidade e Carlos Seoane polo Banco do Piñeiro, unha actuación sensible e poética para a posta en valor dun espazo natural en Ribeira.

Na categoría “Pensamiento y crítica” unha das nominacións recae no libro “Habitar el Agua” dos egresados da ESTAC Ana Amado e Andrés Patiño. O seu é un afectivo estudo fotográfico dos poboados levantados polo Instituto Nacional de Colonización.

Parabéns a todos.

Estamos de noraboa!