DESTACADISIMA PRESENCIA DA ETSAC NAS CANDIDATURAS FINALISTAS DA XV BEAU

A Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo ven de publicar este 14 de maio a relación de candidaturas finalistas.

Con enorme satisfacción comunicamos que de entre as setenta obras seleccionadas polo xurado catorce encóntranse en Galicia sendo a maioría delas resultado do excelente traballo do noso profesorado ou de egresados e egresadas desta ETSAC.

Parabéns a Carlos Pita, Abrahan Castro, Carlos Seoane, Covadonga Carrasco, Juan Creus, Dosesmas, Fluor Arquitectura, Alba González, fuertespenedo, Jesús Irisarri, Guadalupe Piñera, Estudio MMasa, Salgado e Liñares,  Cenlitrosmetrocadrado, Carbajo Barrios e Salgado&Lopez arquitectos.
Parabéns a todos os nominados e nominadas.

Estamos de noraboa!

Tedes toda a información aqui.