A ETSAC sobresae nos “Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia” 2020

Este 5 de maio, coa presencia do Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo foron entregados os premios de arquitectura e rehabilitación de Galicia 2020.

Os premios recoñecen o labor dun amplo numero de profesionais comprometidos coa arquitectura de calidade en toda Galicia e o labor xa patrimonial e de referencia senlleira que acada o conxunto da obra de Manolo Gallego.

Na cerimonia, condicionada polas medidas COVID, suliñouse o valor da arquitectura na construción dun hábitat de calidade e como factor clave para impulsar unha recuperación económica sustentable. Compre destacar que unha boa parte dos galardóns foron obtidos por profesionais vinculados á ETSAC.

RELACIÓN DE PREMIOS

Premio á traxectoria profesional 2020: D. Manuel Gallego Jorreto.

Premio especial á sustentabilidade 2020: Reforma de edificio existente para oito vivendas unha oficina e aparcamento no número 11 da rúa Colón, en Vigo (Pontevedra). Autor: Leonardo LLamas Álvarez.

Premio galego de arquitectura 2020: Escola infantil en A Veigadaña, en Mos (Pontevedra). Autores: Juan Prieto López, Faustino Patiño Cambeiro e Fani Grandal Leiros.

Premio galego de rehabilitación 2020, concédese ex aequo ás seguintes obras:

Reconstrución de vivenda afectada pola vaga de lumes en Saa, en Carballeda de Avia (Ourense). Autores: Juanjo Otero Vázquez e Checha Lopez Muíños.

Rehabilitación dunha vivenda particular, en Vigo (Pontevedra). Autor: Alfonso Penela Fernández.

Intervención en bodega e área enoturística destinada á celebración de eventos, en Cenlle (Ourense). Autor: Oficina de Arquitectura Urbanismo y Planificacion SLP. (Juan Antonio Caridad Graña e Isidro López Yañez).

MENCIÓNS:

Modalidade de sustentabilidade:

Ampliación do Centro de Saúde para construción do PAC, en A Laracha (A Coruña). Autor: Ezcurra e Ouzande arquitectura. (Cristina Ouzande Lugo e Cristina Ezcurra de la Iglesia).

«El Camello» Coworking FIAT RENFE 593, en Santa Cruz de Ribadulla- Vedra (A Coruña). Autor: Fermín Blanco.

Casa da Anguía, en Castrelo de Miño (Ourense). Autor: Juanjo Otero Vázquez.

Modalidade de arquitectura:

Escola infantil Vilaxoan, en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Autor: Iago Fernández Puentes.

Conxunto Turístico Albeida, en Outes (ACoruña ). Autor: Salgado e Liñares arquitectos enxeñeiros. (Alfonso Salgado Suárez e  Francisco Liñares Tuñez).

Centro social en Cornido, en Carnota (A Coruña). Autores: CreuseCarrasco Estudio (Juan José Creus Andrade e Covadonga Carrasco López).

Modalidade de rehabilitación:

Rehabilitación das antigas vivendas dos mestres, en Rianxo (A Coruña). Autora: Sandra González Álvarez.

Escola infantil Santa Susana, en Santiago (A Coruña). Autor: ARKB – arrokabe arquitectos: Iván Andrés Quintela e Óscar Andrés Quintela.

Arquivo Histórico provincial no antigo Convento de San Francisco, en Ourense (Ourense). Autores: Xosé Manuel Casabella López e José Luis Martínez Raído.

 

Parabéns á premiadas e aos premiados.