Día do libro. Presentación de “Cando eramos sostibles” e de “Papeis da ETSAC”

Xoves 22 de abril as 19 horas presentación do libro:  Cando eramos sostibles, a publicación que recolle as conclusións do primeiro ano de investigación do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, centra a súa mirada nunha rexión moi concreta de Galicia, a península do Barbanza, para poñer en valor as formas de manexo do territorio levadas a cabo historicamente polas comunidades locais e impulsar iniciativas na rexión que se rexan polos mesmos principios de sustentabilidade. De todo este proceso extraemos leccións coas que amosar posibles achegamentos a cuestións económicas, sociais e ambientais que son relevantes alén deste territorio.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza é un proxecto coordinado pola Fundación RIA que conta co apoio do grupo HISTAGRA da Universidade de Santiago de Compostela na parte de investigación. O proxecto foi posible grazas á cofinanciación da Fundación Banco Santander e a colaboración da Cátedra Juana de Vega.

Papeis da ETSAC e a nova linea de publicacions da escola.

Papeis 20.01. JulioCano

Papeis 20.02 AndrésAlbalat

Papeis 20.03 AntónReixa

As presentacións serán a través de Teams e desde esta ligazón.