Francisco Conde visita a ETSAC

O Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde visita as obras de mellora da eficiencia enerxética da ETSAC 

O cinco de abril a ETSAC recibiu a visita do Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, acompañado da directora de Planificación Enerxética da Xunta, Paula Uría, e do Delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, xunto con autoridades da UDC. O motivo da visita, guiada polo director da obra o profesor da ETSAC Santiago Sánchez foi recoñecer o desenvolvemento dos traballos para a mellora da eficiencia enerxética na ETSAC.

As obras de mellora enerxética na ETSAC están valoradas en 453.975,06 €, financiadas nun 80% pola Consellería e de resto pola UDC. Os traballos revisten unha grande complexidade, pois afectan a práctica totalidade do edificio, realizándose sen interrupción da súa actividade ordinaria.

Comprenden:
– 1.462m2 de substitución de carpintería exterior, con carpinterías RPT e vidros dobres.
– 1.289 unidades substituídas de lámpadas actuais para adaptalas a tubos LED, eliminándose as reactancias e os cebadores de tubos fluorescentes ou transformadores.
– 85 unidades detectores para sistema de acendidos con detección de presencia e equilibrado lumínico (iluminación natural) por zonas de uso e ocupación.
– Cuberta de patio de 196m2, para un aproveitamento de 130m2 útiles con novo uso para a escola. Diminución da envolvente do edificio, maior compacidade.

Estas obras permitirán un aforro enerxético de emisións de 189,30 toneladas de CO2, o que representa unha porcentaxe de aforro de enerxía primaria non renovable do 44%. A cualificación enerxética da Escola pasará do grupo E a estar no grupo B.