Estimada comunidade ETSAC,
O lúns 16 de marzo de 2020 pechábamos desconcertados as portas da ETSAC nun xesto sen precedentes. Queriamos evitar que entrara nela un virus do que moita cousa non sabiamos naquel momento.
Aquela situacion supúxase que ía ter un efecto limitado. Quizais 15 días ou un mes de axustes leves nas nosas rutinas.
Un ano despois aínda non temos a certeza de cando acabará esta perturbación que tanta dor nos trouxo.
O traballo intenso e o compromiso de toda a comunidade ETSAC fixo posible que se continuase desenvolvendo a actividade que a sociedade nos confía. Demostrouse unha extraordinaria capacidade de adaptación, o que esta Dirección agradece sinceramente.
A aparicion de indicios que anticipan un escenario de próximo e relativo control da pandemia debe animarnos a superar o cansancio e empeñarnos, dentro e fora desta casa, na necesaria recuperación.
Moito ánimo,
DIRECCIÓN ETSAC