Libro de comunicacións do Congreso PLEA 2020

Xa están dispoñibles no repositorio da UDC as comunicacións do 35º Congreso Passive and Low Energy Architecture. PLEA 2020, organizado pola ETSAC e a UDC. Amais, pódense visualizar os máis de 250 vídeos que recollen tanto as comunicacións científicas coma as sesións plenarias e mesas de debate, que contaron con Helle Soholt (Gehl), Susan Carruth (3XN/GXN), Belinda Tato (Ecosistema Urbano), Cynthia Echave (Agencia Ecología Urbana, EMEA) Klaus, Bode (Urban Systems Design), ou Michael Smith (Entre Nos Atelier).

Os congresos PLEA (Passive and Low Energy Architecture) son os máis importantes e lonxevos sobre arquitectura e urbanismo sustentables, e veñen reunindo entre 300 e 800 expertos das principais universidades e centros de investigación do mundo dende 1982.

O PLEA 2020 centrouse no tema das Cidades Climaticamente Neutras, baixo o título Planning Post Carbon Cities. Recibíronse máis de 800 propostas de comunicacións, elaboradas por uns 1500 autores pertencentes a máis de 300 institucións de 60 países de todo o mundo. Finalmente seleccionáronse 250 artigos para ser presentados, máis uns 40 pósters.

Ligazón: plea2020.org