PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS PARA DEFINIR AS APORTACIÓNS DA ETSAC Á LEI DA ARQUITECTURA DE GALICIA  

Estimada comunidade ETSAC, 

 

Ven de ser solicitado desde o goberno galego a participación da ETSAC no proceso de concreción da futura Lei de Arquitectura de Galiciaque posiblemente coñezades pola prensa e tamén por que o COAG  solicitou aos colexiados e colexiadas as achegas que estimasen oportunas.  

 

Entendemos que esta encomenda aínda chegando nun momento de grande complexidade académica debe ser atendido.  

Correspondemos así á nosa función social como institución pública que desde 1973 é referencia en Galicia na docencia, a investigación e a transferencia de coñecemento no ámbito da arquitectura.  

A Lei da Arquitectura que se pretende ten como marco unha sucesión de textos emitidos pola Unión Europea desde 2001 sobre urbanismo, medio ambiente, sustentabilidade, patrimonio, cultura e edificación e que dan lugar á aparición de Leis de Arquitectura como aglutinante de todo o anterior. A primeira delas en Francia e a mais recente, a de Cataluña (2017). Neste momento está en proceso de redacción a española,  cun calendario que posiblemente chegue ata fin de ano 

  

Neste contexto desde a Dirección do centro, realizada unha primeira consulta coas direccións dos Departamentos e das áreas para verificar a dispoñibilidade ante o reto que se nos propón determina abrir un proceso que deberá concluír a finais de marzo coa entrega das nosas aportacións á autoridade encargada da redacción do texto legal.  

 

Este proceso quérese amplamente participativo e colaborativo, aberto a toda a comunidade ETSAC e a outros actores, malia as limitacións que o confinamento nos impón.  

Establécese como punto de arranque a celebración dunha serie de encontros temáticos, seguidos dos pertinentes debates sobre cada una das dimensións relevantes a conterse na futura lei: 

  1. Explicación  das normativas e situacións en outros países e análise das características especificas de Galicia. Xoves 4 de febreiro. 11:30 h
    Coas intervencións de Assumpció Puig, Decana do COA Catalunya; Gonçalo Byrne, Presidente da Ordem dos Arquitectos e Manuel Gallego, premio nacional de arquitectura 2018 e 1997. A seguir, debate.
  2. O marco legal. Pertinencia, obxectivos, definicións, o dereito á arquitectura. Xoves 11 de febreiro. 12:00 h 
  3. A divulgación, sensibilización, promoción e protección da arquitectura. Xoves 18. 12:00 h 
  4. Contratación e mercado laboral. Xoves 25. 12:00 h

 

A partir dese momento iranse perfilando mesas de traballo e debates temáticos sucesivos abertos até acadar un texto consensuado.  

Agardamos contar con todos vos neste estimulante traballo.  

Ligazón a xornada do xoves 4 de febreiro as 11,30