Premios UDC Sustentabilidade 2020

Premios UDC Sustentabilidade a Traballos Fin de Grao e Mestrado 2020.
Bases da convocatoria (aberta ata 31 de decembro de 2020).

Con esta convocatoria, a Vicerreitoría de Infraestruturas e Sustentabilidade, a través da Oficina de Medio Ambiente (OMA-UDC), quere recoñecer os traballos que contribúen a un mellor coñecemento e á adopción de medidas e prácticas de sustentabilidade.

Modalidades

  • Premio aos Traballos Fin de Grao da UDC que mellor integraren as dimensións da sustentabilidade nos seus proxectos.
  • Premio aos Traballos Fin de Mestrado da UDC que mellor integraren as dimensións da sustentabilidade nos seus proxectos.

En cada modalidade concederanse dous premios, I e II premio, e dous accésits, segundo se indica a continuación:

  • Cada traballo premiado e os accésits recibirá un diploma acreditativo e a publicación nunha colección da UDC
  • O 1º premio en cada modalidade recibirá ademais 800 euros (sobre o que se aplicará unha retención do 19% de IRPF)
  • O 2º premio en cada modalidade recibirá ademais 400 euros (sobre o que se aplicará unha retención do 19% de IRPF)