Grupo de investigación híbrido sobre arquitectura/imaxe para xente interesada en imaxe, arquitectura, deseño.
É unha proposta de acción artística e participativa á que se une a formación activa. Trátase dun taller de dinamización social e cultural sobre o espazo físico. Cada unha coas súas calidades propias adaptadas ás disciplinas artísticas de cada participante. A unión de todas elas creará un arquivo físico e visual ao redor da historia que transita polas rúas Tabares e Papagaio, paralelas aos diversos cambios acaecidos na nosa historia contemporánea.

traballo de campo + arquivo + intervención directa.
Datas e horariosDECEMBRO
18 e 22 de 19 a 22 H formato en liña Taller con Nico.
23 Charla en Habelas Hainas Estudo con Nico*
Máis datas en xaneiro que pecharan co grupo.
Habelas Hainas e Concello da Coruña