II Edición dos Premios Universidade, Coñecemento e Axenda 2030

A Crue Universidades Españolas, a Fundación Carolina e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) convocaron a II edición dos Premios “Universidade, Coñecemento e Axenda 2030”, cuxo obxectivo é distinguir os mellores Traballos de Fin de Grao (TFG) ou Traballos de Fin de Máster (TFM) realizados sobre calquera área de coñecemento, baixo unha ou varias das temáticas cubertas polos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) da Axenda 2030.

Aos premios poden optar estudantes con cidadanía dun país membro da Comunidade Iberoamericana ou de calquera Estado da Unión Europea, que finalizasen os seus estudos destinados á obtención do título (grao ou máster) durante o curso académico 2019-20. Os traballos premiados recibirán un diploma acreditativo e serán publicados en papel e en soporte electrónico nas páxinas web da Fundación Carolina, a AECID e Crue Universidades Españolas.
As candidaturas formalizaranse única e exclusivamente por medio da plataforma tecnolóxica dos Premios, onde os/as solicitantes se teñen que rexistrar, incluír os datos académicos solicitados, segundo as bases definidas polas institucións convocantes; e achegar os seus traballos.
convocatoria abriu o xoves 15 de outubro e finalizará o vindeiro 30 de novembro de 2020.

Toda a información, as bases e o acceso á plataforma para enviar os traballos pódese atopar na páxina da fundación.