Día mundial da arquitectura

ANTE O DIA MUNDIAL DA ARQUITECTURA 2020

Arquitectura para vivir mellor

Este 5 de outubro, coa lema “Arquitectura para vivir mellor”, celébrase o Día Mundial da Arquitectura 2020.

Dentro das actividades programadas con esta ocasión a ETSAC promove a semana da arquitectura, que se celebra conxuntamente co Concello da Coruña e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e que este ano se centran no recoñecemento da obra do que fora catedrático de Proxectos desta Escola D. Andrés Fernández-Albalat Lois e profesional de destacadísima traxectoria.

O Dia Mundial da Arquitectura coincide tamén coa celebración do Dia Mundial do Hábitat, efemérides ambas que teñen como argumento común este ano “Cara un futuro urbano mellor”.

Este lema, neste momento cando a pandemia altera fondamente as nosas vidas, recórdanos o que xa sabiamos: a arquitectura é un dos saberes humanos capaces de garantir un futuro mellor, mais inclusivo, resiliente, social e sustentable.

A ETSAC estivo, está e estará sempre aliñada con esta práctica, disponibilizando a súa capacidade analítica e a súa influencia intelectual a favor da construción dun futuro urbano mellor. 

 

Plácido Lizancos

Director da ETSAC