Habitar o territorio: pasado, presente e futuro da vivenda e a cidade

O vindeiro luns 5 de outubro, coa lema «arquitectura para vivir mellor«, celébrase o Día Mundial da Arquitectura 2020. Dentro das actividades programadas con esta ocasión, o COAG organiza a xornada on line «Habitar o territorio: pasado, presente e futuro da vivenda e a cidade», que ten por obxecto debater e reflexionar distendidamente acerca da evolución da vivenda desde a segunda metade do século XX, tanto desde o punto de vista tipolóxico e espacial como desde o punto de vista da súa implantación no territorio e a súa capacidade para  xerar e transformar a cidade. Analizaremos diferentes solucións arquitectónicas e urbanísticas adoitadas ao longo dos anos, os seus acertos e os seus fracasos. Analizaremos tamén a problemática actual, os novos modelos e demandas habitacionais e debateremos acerca das posibles solucións e ferramentas necesarias para abordar esta problemática desde a óptica da arquitectura, o urbanismo e a xestión da cidade.

Modera e intervén:

  • Angel Panero Pardo. Arquitecto especialista en Rehabilitación, renovación urbana e rexeneración urbanística.

Interveñen:

  • Ana Amado Pazos, arquitecta e fotógrafa, e Andrés Patiño Eirín, arquitecto, autores do libro «Habitar el agua», estudo sobre o programa de colonización do Instituto Nacional de Colonización desenvolvido durante o franquismo no que se analizan e documentan máis de 30 poboados.
  • Miguel Abelleira Doldán. Doutor Arquitecto. Profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Autor da tese doutoral «Arquitectura en Galicia durante a autarquía 1939-1953».
  • Martín Fernández Prado. Doutor Arquitecto. Profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Autor da tese doutoral Plans Im-Parciais. Xénese e evolución dos Polígonos do INV en Galicia.
  • Maricarmen Tapia. Arquitecta, doutora en Urbanismo pola Universitat Politècnica de Catalunya. Participa activamente na defensa dos dereitos das persoas na cidade e o territorio, a través de organizacións, publicacións e investigacións. É directora de Critica Urbana.

Data e hora:

  • Luns 5 de outubro de 2020, ás 17:00 horas.

Para asistir, requírese inscrición no seguinte ENLACE.  Prazas limitadas ata completar aforo dispoñible.