XI Xornadas sobre persoas sen fogar. A intervención en saúde mental

A Oficina de Cooperación e Voluntariado, en colaboración co Centro Integrado de Atención Social Padre Rubinos organizan estas “XI Xornadas sobre persoas sen fogar. A intervención en saúde mental” virtuais.

Como persoas relatoras, contaremos, entre outras, co psiquiatra Rubén de Pedro Ullate, co educador social Miguel Salas e coa traballadora social Miriam Rodríguez.

Contaremos tamén cun pequeno obradoiro, exclusivo para profesionais que xa estean traballando con persoas sen fogar, a cargo de Miguel Salas, que precisará unha inscrición específica. As persoas que se apunten a este obradoiro precisarán xustificar a súa relación laboral con algunha entidade.

Programa

9:30 Presentación das xornadas. 

Eduardo Aceña. Presidente da Institución Benéfico Social Padre Rubinos 

Pilar Garcia de la Torre. Vicerreitora de Internacionalización e Cooperación da Universidade da Coruña 

10:00 Modelo asertivo-comunitario de intervención. Rubén de Pedro Ullarte. Psiquiatra no Servizo Vasco de Saúde.

11:00  Unha visión da estratexia nacional para PSHMónica Macía González. Instituto para la Evaluación de Políticas Publicas. 

11:45 Descanso

12:00   Saúde mental dende as ciencias sociais, outros modelos de intervención. Miguel Salas Soneira. Profesor do área de Psicoloxía e Educación da Universidade Oberta de Catalunya.  

13:00  Modelo comunitario de intervención en Coruña. Miriam Rodriguez Sierra. Coordinadora da mesa sociociosanitaria da ciudade da Coruña. 

16:00 a 17:30  Ferramentas para unha aproximación crítica á actuación profesional no ámbito da saúde mental. Miguel Salas Soneira. Profesor do área de Psicoloxía e Educación da Universidade Oberta de Catalunya. Só para profesionais en activo.  Inscrición no obradoiro

Para este obradoiro haberá 15 prazas. Na inscrición do mesmo priorizarase a inscrición de como máximo dúas persoas por entidade e por rigurosa orde de chegada.

Estas xornadas desenvolveranse de xeito virtual a través da plataforma TEAMS

Inscripción