Intercambio SICUE | Reunión de obrigada asistencia (telemática)

REUNIÓN DE OBRIGADA ASISTENCIA (telemática)
Alumnos intercambio SICUE
XOVES 16.07.2020 ás 10,00h mediante a ferramenta Teams

Dado o momento de curso e as circunstancias nas que nos atopamos, haberá de considerar estes documentos iniciais como previsión das materias que se esperan cursar e que poderán ser axustados só unha vez (modificacións).

Convocatoria intercambio SICUE 2020/21
Requisitos mobilidade ETSAC

1. DOCUMENTO DE RECOÑECEMENTO (ligazón)

Manterase o formato nun único A4 e os hipervínculos enlazaranse sobre o título de cada materia]. Este documento é de uso interno ETSAC. Neste documento relaciónanse as materias de ambas institucións e enlazaranse os contidos das materias de destino.

1.1 Cada alumno, a partir da información facilitada na convocatoria, deberá realizar unha busca online na universidade de destino, da materia ou conxunto de materias, que coincidan coas materias de orixe segundo as guías docentes. Enlazaranse mediante hipervínculos o contido das materias en destino sobre o título de cada materia, axustándoo ata que a solicitude de recoñecemento sexa aprobada.

1.2 As CONDICIÓNS DE MATRICULA son idénticas para un alumno de mobilidade que de non-mobilidade. Ademáis non é posible cursar durante a mobilidade materias de fin de estudos nin o máster profesionalizante.

Ver Requisitos mobilidade ETSAC e normativa xestión académica da UDC.

1.3 NUMERO DE CRÉDITOS TOTAIS [na UDC]. Plantexaranse contratos iniciais que non superen os 60 créditos ECTS en mobilidades iniciais. Os mínimos defínense na Convocatoria de mobilidade segundo a duración da estadía (24 ECTS semestral ou 45 ECTS anual) e os máximos serán os indicados na normativa, 78 créditos anuais… Non se permitirán diferenzas superiores ao 5% en créditos ou equivalente en horas, entre as materias de orixe e destino. Non se permitirán máis de dúas materias dunha mesma área de coñecemento por mobilidade anual.

1.4 Cada alteración de materias en destino (ou ben cambio de nome ou código) suporá alterar este documento e solicitar novamente a equivalencia, xerando un novo documento de recoñecemento e a modificación correspondente do Learning Agreement (só unha por semestre).

1.5 Insertarase unha fotografía recente e a sinatura escaneada do alumno

1.6 Gardarase en formato pdf [ollo que o tamaño sexa reducido, <1Mb] e denominarase segundo o apartado 6.

1.7 Revisarase que todos os datos incorporados son correctos previo ao envío, con especial atención aos códigos das materias en orixe e destino.

2. CONTRATO DE APRENDIZAXE SICUE

2.1. Formulario dispoñible para a súa descarga na páxina da UDC (impreso C).

2.2. Táboas materias UDC e de Universidade de destino disposta de modo idéntico ao documento de recoñecemento (anterior apartado).

2.3 Asinarase e denominarase en formato PDF para o envío segundo o especificado no seguinte apartado.

3. TRATAMENTO ONLINE DOS DOCUMENTOS

3.1 CORREO-E. Todos os documentos serán tratados coa coordinadora de relacións internacionais a través de correo electrónico. Serán enviados a erasmus.etsa@udc.es pero no caso dos documentos iniciais só cando foran xa revisados e dados o visto bo polo coordinador de maneira telemática.

3.2 ASUNTOS DA MENSAXE. Os asuntos das mensaxes indicaranse segundo:
2020.21_SICUE_DESTINO*_APELIDO1 APELIDO2, NOME
*segundo código
exemplo (maiúsculas sen acentos):
2020.21_SICUE_UA_ARIO MEVOY, PEPE

3.3 ADXUNTOS. Non se premitirán documentos adxuntos aos correos. Haberán de enlazarse sempre a través dun servizo online. Os documentos virán cubertos e asinados polo interesado en formato PDF, e denominándoos do xeito similar ao asunto:
2020.21_SICUE_ DESTINO_APELIDO1  APELIDO2, NOME_M0_tipodedocumento.pdf
exemplos (maiúsculas sen acentos):
2020.21_SICUE_CARTAGENA_ARIO MEVOY, PEPE_M0_recoñecemento.pdf
2020.21_SOCUE_CARTAGENA_ARIO MEVOY, PEPE_M0_learning.pdf

3.4 Os DOCUMENTOS ASINADOS polo coordinador serán devoltos do mesmo xeito asinados dixitalmente, de modo que poidan imprimirse e entregarse onde corresponda. O proceso e denominación repetirase nas modificacións de contrato xa unha vez en destino

3.5 IMPORTANTE: NON CUMPRIR OS CRITERIOS DE FORMATO PARALIZARÁ O PROCESO DE TRAMITACIÓN, SÓ TRAMITÁNDOSE OS QUE CUMPRAN OS REQUISITOS INDICADOS.