A Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación anuncia a IV convocatoria do Curso de Formación Específica de Posgrao “Cooperación e Educación para o Desenvolvemento”.
Este curso –recoñecido con 6 créditos- está aberto a persoas tituladas e estudantado.
Oferta dende un enfoque pluridisciplinar instrumentos para identificar, formular e xestionar proxectos de cooperación internacional ao desenvolvemento incluíndo os seus enfoques transversais, como a axenda 2030, e outros contidos necesarios para a lectura e a intervención en calquera contexto do mundo global contemporáneo.
Está impartido por profesorado dos estudios de arquitectura, socioloxía, enxeñarías, ciencias da educación e da propia Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC.
O prazo de prematrícula conclúe o 20 de xaneiro!
Programa e inscrición en:
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.