Exposición no centro Torrente Ballester. Ferrol

Welcome to my Loft. Arquitectura como utopía, ruína e abstracción 

O asento como arquitectura e a arquitectura como asento

Welcome to my Loft. Arquitectura como utopía, ruína e abstracción 

Comisario: Ángel Calvo Ulloa

Nesta exposición, onde se inclúe a presenza de importantes artistas internacionais, preténdese reflexionar sobre a cidade e a arquitectura entendendo a súa condición de utopía, nuns casos, de ruína, noutros, e finalmente, de abstracción. En todos os nosos espazos, o contraste entre a arquitectura do pasado histórico, as pegadas da modernidade e a ultimísima arquitectura de alta tecnoloxía e deseño, amoréanse en ocasións no espazo dunha soa rúa. A partir de artistas que traballan a arquitectura dende as máis variadas disciplinas, Welcome to my loft reflexiona sobre a capacidade do arquitectónico para manifestarse como elemento a través do cal definir a nosa forma de enfrontarnos ao problema do cuarto e cales son os nosos modos de relación cos elementos por nós construídos. Tamén quere presentar cuestións capaces de suscitar debates en torno ás configuracións urbanísticas na actualidade e de como a presenza de determinadas arquitecturas é capaz de xerar espazos marcados por modos específicos de vida.


O asento como arquitectura e a arquitectura como asento 

Comisarios: Luis Gil Pita / Cristina Nieto

O significativo título desta exposición, O asento como arquitectura e a arquitectura como asento, remítenos a unha dobre interpretación. Por un lado sentarse nun invento que permite o descanso e que pertence á familia do pensamento arquitectónico: o asento como máquina. Trátase do asento fabricado como peza que nos separa do chan, que cumpre ao igual que a arquitectura os tres prefectos clásicos, firmitasutilitasvenustas, e que se enmarca cando non é nómada no recinto ou territorio a cuberto e protexido da arquitectura. Por outro lado a propia arquitectura, a vernácula e a contemporánea, a primeira de forma espontánea e a segunda creada e pensada ex profeso para servir tamén de acomodo, de asento e descanso. Os bordos, os enlaces, interiores e exteriores da arquitectura como lugares-forma onde acomodar o descanso e interferir nas relacións do físico e estable, coas accións de uso dos cidadáns.

 

mais información facendo clic na imaxe