Palestra na ETSAC «Trascendendo a paisaxe» do director de cine Oliver Laxe

Este martes 3 de decembro ás 11h no salón de actos da ETSAC contaremos coa presenza de do director de cine Oliver Laxe. Director, entre outras, da galardoada película «O que arde».

Acto organizado polo Grao en Paisaxe, aberto a todo o público interesado

Oliver Laxe (París, 1982) estréase na longametraxe en 2010 con Todos vós sodes capitáns, galardoada na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes co Premio de la Crítica Internacional. Mimosas, o seu segundo filme, gaña o Gran Premio da Semana da Crítica do Festival de Cannes 2016 e é estreado en salas españolas. En 2019, con O que arde, Laxe obtén o Premio do Xurado na Sección Oficial – Unha Certa Mirada convertíndose no primeiro cineasta español xunto a Víctor Erice en ser seleccionado en Cannes cos súas tres primeiras obras e o único en gañar en todas as súas participacións.