Comezou en San Sebastián a Bienal Internacional de Arquitectura, MUGAK (fronteira en euskera). Dentro da Semana das Escolas de Arquitectura participan os centros académicos de Donosti, Toledo, A Coruña, Burdeos, Montpellier, Karlsruhe e Wroclaw.
O equipo da ETSAC, responsable do deseño e montaxe dunha instalación no baluarte do monte Urgull, está formado polo subdirector xefe de estudos, José Antonio Vázquez, e os alumnos Noelia Amoedo, Cristian Blanco, Ángel Castro, Andrea Conde, Diego Díaz, Jacobo González e Senén Rodríguez-Carrera.
A instalación foi realizada no laboratorio de fabricación dixital da nosa escola, Ofab.
Máis información:
https://www.bienalmugak.eus/es/inicio
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.