0. REUNIÓN DE OBRIGADA ASISTENCIA alumnos mobilidade SICUE + mobilidade ERASMUS + mobilidade BILATERAL: VENRES 26.04.2019 SALON DE ACTOS ás 12:00h
Dado o momento de curso no que nos atopamos, haberá de considerar estes documentos iniciais como previsión das materias que se esperan cursar y que poderán ser axustados só unha vez por semestre (modificacións).
Os alumnos que vaian realizar a súa mobilidade no segundo semestre dispoñen de máis tempo, permitindo coñecer os resultados académicos do primeiro semestre para unha maior precisión na elaboración do contrato inicial [sempre atención ás datas que fixan as universidades de destino].
Convocatoria mobilidade 2019/20: 2019.20_CONVOCATORIA-DE-MOBILIDADE-INTERNACIONAL-2019-20.final.100119.pdf_2063069239
Requisitos mobilidade ETSAC: 2017.07.18_ETSAC_requisitos mobilidade
1. APPLICATION FORMS/SOLICITUDES A DESTINO:
1.1 Relativo a “departamental / academic coordinator” ou coordinador académico, indicade: Evaristo Zas Gómez, erasmus.etsa@udc.es, +34981167000
1.2 Relativo a “institutional coordinator” ou coordinador institucional, indicade: prof. Begoña Crespo, erasmus@udc.es, +34981767000
1.3 Outros contactos na ORI: ver enlace.
1.4 Códigos Erasmus e outras informacións de universidades: http://www.moveonnet.eu/ Só nalgunhas ocasións, o coordinador académico ten que asinar este documento. De ser así se tratará como o resto de documentos segundo o apartado 6 [Tratamento online de documentos]
2. DOCUMENTO DE RECOÑECEMENTO. Todas as modalidades de mobilidade [plantillas actualizadas: PLANTILLA RELACION ENTRE MATERIAS_BOLONIA2_unlock_updated_gal, PLANTILLA RELACION ENTRE MATERIAS_BOLONIA1_unlock_gal. Manterase o formato nun único A4 e os hipervínculos enlazaranse sobre o título de cada materia]. Este documento é de uso interno ETSAC, non sendo necesario entregalo na ORI. Neste documento relaciónanse as materias de ambas institucións e enlazaranse os contidos das materias de destino.
2.1 Cada alumno, a partir da información facilitada na convocatoria, deberá realizar unha busca online na universidade de destino, da materia ou conxunto de materias, que coincidan coas materias de orixe segundo as guías docentes. Enlazaranse mediante hipervínculos o contido das materias en destino sobre o título de cada materia, axustándoo ata que a solicitude de recoñecemento sexa aprobada.
2.2 CONDICIÓNS DE MATRICULA son idénticas para un alumno de mobilidade que de non-mobilidade. Ademáis non é posible cursar durante a mobilidade materias de fin de estudos nin o máster profesionalizante [TFC, TFG]. Ver 2017.07.18_ETSAC_requisitos mobilidade e normativa xestión académica da UDC.
2.3 NUMERO DE CREDITOS TOTAIS [na UDC]. Plantexaranse contratos iniciais que non superen os 60 créditos ECTS en mobilidades iniciais. Os mínimos defínense na Convocatoria de mobilidade segundo a duración da estadía [18ECTS semestral ou 36ECTS anual] e os máximos serán os indicados na normativa correspondente, 78 créditos anuais [normativa xestión académica da UDC]. Cando os créditos non fosen ECTS ou tivesen unha carga lectiva diferente, indicarase e comparará a través da carga PRESENCIAL en horas, e indicarase entre parentese [exemplo destino e orixe: 6 créditos ETSAC (60h)]. Non se permitirán diferenzas superiores ao 5% en créditos ou equivalente en horas, entre as materias de orixe e destino. Non se permitirán máis de dúas materias dunha mesma área de coñecemento por mobilidade anual.
2.4 Cada alteración de materias en destino (ou ben cambio de nome ou código) suporá alterar este documento e solicitar novamente a equivalencia, xerando un novo documento de recoñecemento e a modificación correspondente do learning agreement (só unha por semestre).
2.5 Insertarase unha fotografía recente e a sinatura escaneada do alumno
2.6 Gardarase en formato pdf [ollo que o tamaño sexa reducido, <1Mb] e denominarase segundo o apartado 6.
2.7 Revisarase que todos os datos incorporados son correctos previo ao envío, con especial atención aos códigos das materias en orixe e destino.
3. BILATERAL · CONTRATO DE APRENDIZAXE
3.1 Táboas materias UDC e de Universidade de destino disposta de modo idéntico ao documento de recoñecemento [anterior apartado]
3.2 Asinarase e denominarase en formato PDF para o envío segundo o especificado no apartado 6.
4. ERASMUS+ · LEARNING AGREEMENT FOR STUDIES
É o novo formato para Erasmus+, que reúne nun todos os documentos que anteriormente se utilizaban para antes, durante e despois do proceso.
4.1 Táboa A [proposed mobility programme] e táboa B [Set of components to be replaced at sending insitution] serán cubertas de modo idéntico ao documento de recoñecemento [apartado 2].
4.2 Para esta fase será únicamente necesario cubrir as primeiras páxinas do documento, incorporándoseposteriormente o resto de seccións [during the mobility and after de mobility]
4.3 Cuberto e asinado polo solicitante será preparado para enviar en formato PDF [cuidar que o tamaño sexa reducido] segundo o especificado no apartado 6.
5. LIBRE MOBILIDADE, fóra da convocatoria pero de tramitación similar aos anteriores.
6. TRATAMENTO ONLINE DOS DOCUMENTOS. Todas as modalidades de mobilidade
6.1 CORREO-E. Todos os documentos serán tratados a través de correo electrónico, evitando o uso de papel no proceso. Serán enviados a erasmus.etsa@udc.es pero no caso dos documentos iniciais só cando foran xa revisados e dados o visto bo polo coordinador de maneira presencial (luns e xoves de 11:00 a 13:00h)
6.2 ASUNTOS. Os asuntos das mensaxes indicaranse segundo
2019.20_MOBILIDADE_DESTINO*_APELIDO1 APELIDO2, NOME_ASUNTO
exemplo (maiúsculas sen acentos):
2019.20_BILATERAL_UFRJ_ARIO MEVOY, PEPE_M1 *segundo código moveon
6.3 ADXUNTOS. Non se premitirán documentos adxuntos aos correos. Haberán de enlazarse sempre a través dun servizo online [preferentemente enlace Dropbox]. Os documentos virán cubertos e asinadospolo interesado en formato PDF, e denominándoos do mesmo xeito que o asunto:
2019.20_MOBILIDADE_ DESTINO_APELIDO1 APELIDO2, NOME_M0.pdf
exemplos (maiúsculas sen acentos):
2019.20_ERASMUS_POLIBARI_ARIO MEVOY, PEPE_M0_recoñecemento.pdf
2019.20_ERASMUS_POLIBARI_ARIO MEVOY, PEPE_M2_learning.pdf
6.4 Os DOCUMENTOS ASINADOS polo coordinador serán devoltos do mesmo xeito asinados dixitalmente, de modo que poidan imprimirse e entregarse onde corresponda. O proceso e denominación repetirase nas modificacións de contrato xa unha vez en destino
6.5 IMPORTANTE: NON CUMPRIR OS CRITERIOS DE FORMATO PARALIZARÁ O PROCESO DE TRAMITACIÓN, SÓ TRAMITÁNDOSE OS QUE CUMPRAN OS REQUISITOS INDICADOS.
7. Para calquer dúbida ou trámite adicional prégase se faga de maneira presencial: luns e mércores de 12:00-14:00h no despacho de subdirección internacional ETSAC. O correo electrónico aos efectos de mobilidade é erasmus.etsa@udc.es