“A politica europea de Economía Circular”, por Jean Pierre Hannequart: 27 de febreiro na Coruña

Dentro do Febreiro Ambiental, a Oficina de Medio Ambiente da UDC organiza a esta conferencia sobre Economía Circular, un tema de grande actualidade e que vai condicionar toda a xestión ambiental e de recursos da industria e das sociedades futuras.

Por iso, aínda que tera lugar na Facultade de Economía e Empresa, pensamos que é de interese para toda a comunidade universitaria, e en particular tamén para as áreas máis relacionadas coa tecnoloxía, a industria e a xestión ambiental.

27/02, 17 h. A politica europea de Economía Circular

Universidade da Coruña. Facultade de Economía e Empresa, Salón de Graos (Elviña)

Jean Pierre Hannequart. Pte. Fundación para a Economía Circular. Ex-Dtor. Instituto Xestión do Ambiente (Bruxelas)

Licenciado en Derecho Europeo por la Universidad de Lieja.

  • Presidente de Honor da Fundación para a Economía Circular (FEC).
  • Director Xeral do Instituto de Bruselas para a Xestión do Ambiente.
  • Fundador da Asociación de Cidades e Rexións para a Reciclaxe e a Xestión Sustentábel de Recursos (ACR+).
  • Investigador no Centro de Estudos Europeos da Universidade de Louvain-La-Neuve e no Instituto Europeo de Política Ambiental.
  • Profesor en Brussels University.

    PUBLICACIÓNS

  • LA POLITIQUE DE GESTION DES DÉCHETS (éd. schmidt verlag, Bonn, 1983)
  • EL DERECHO COMMUNITARIO EN MATERIA DE RESIDUOS (P.P.U., 1996)
  • EUROPEAN WASTE LAW (Kluwer Edition, 1998)
  • MUNICIPAL WASTE IN EUROPE: TOWARDS A EUROPEAN RECYCLING SOCIETY (Victoires Editions, 2009)
  • CIRCULAR ECONOMY (Le Livre en papier, 2018)