Febreiro ambiental 2019, última semana para anotarte ás actividades:
OBRADOIROS E MANCHANDO AS MANS Inscricións neste formulario
- 25/02. Residuos, reciclaxe e compostaxe
- 26/02. Descuberta de contaminación acústica: Noise Capture Party
- 27/02. Limpeza do entorno natural de Oza
- 01/03. Limpeza da praia de Bens
CONFERENCIAS Asistencia libre
- 25/02, 16h. O papel da Educación Superior no Desenvolvemento Sustentábel, ODS 2030
- M.Àngels Ull. Lugar: F. Humanidades, Salón de Actos (Esteiro)
- 27/02, 17h. A politica europea de Economía Circular
- Jean Pierre Hannequart. Lugar. F. Economía e Empresa, Salón de Graos (Elviña)
- 28/02, 13h. Contaminación luminosa: A noite é necesaria
- Martin Pawley. Lugar: ETS de Camiños, Canais e Portos (Elviña)
- 28/02. Sustentabilidade e xacementos de emprego verde
- Luis M. Jiménez Herrero. Lugar: F. Ciencias do Traballo, Aula Magna (Esteiro)
CICLO DE CINEMA AMBIENTAL Asistencia libre
- 26/02: Queimar o monte. Posterior coloquio co seu Director, Emilio Fonseca.
Rodado íntegramente en Galiza, analiza as causas do noso principal problema medioambiental: os incendios forestais. Cada ano prodúcense mais de 10.000 lumes. Nos últimos 30 anos queimouse unha superficie equivalente a terceira parte do territorio galego. Trailer do documental aqui.
- 27/02: Esquece Monelos. Posterior coloquio coa equipa de Dirección e investigación, Marta Eiriz e Amal Nnechachi
O documental válese da desaparición do río Monelos baixo a cidade da Coruña para reflexionar sobre como se perde a memoria dos lugares e das súas xentes. Un percorrido polo río que propicia unha viaxe pola vida mesma de quen conta a historia. Un retrato colectivo que fala dos medos e inquedanzas que acompañan o avance inexorable do tempo. Trailer do documental aqui.
- 28/02: Paraíso roubado. Posterior coloquio co seu Director, Lukas Santiago, e Presidente da APDR, Antón Masa.
Este documental recupera a memoria de Lourizán antes da chegada da planta de celulosa, así como a loita veciñal contra a instalación da pasteira. Paraíso roubado recupera o esplendor da parroquia no tempo en que Montero Ríos e outros persoeiros da época tiñan fixada alí a súa residencia de verán, sendo fonte de recursos extra para a veciñanza, ademais da propia actividade ligada ao marisqueo e á pesca. Trailer do documental aqui.
TODA A INFORMACIÓN E PROGRAMA DETALLADO NA WEB DA OMA: