Visita a Sotavento. Febreiro ambiental 2019 curso “Educando para a sustentabilidade”

Ábrese a programación do Febreiro ambiental 2019 do curso Educando para a sustentabilidade con esta visita técnica do módulo de Manchando as Mans, para o que será necesario inscribirse nesta ligazón.

Parque Eólico Experimental de Sotavento é un referente na divulgación e educación enerxética en Galiza. As fontes de enerxía, a aposta pola eficiencia, o aforro enerxético e a súa interrelación coa problemática ambiental son os eixos do proxecto.

Nun mundo caracterizado polo esgotamento de recursos enerxéticos e polos graves problemas ambientais derivados dun excesivo consumo de enerxía, parece indicado tomar conciencia da necesidade de promover novos modelos de desenvolvemento que diversifiquen as fontes enerxéticas, á vez que impulsen o aforro e o uso enerxético responsable.

A programación da visita técnica para o grupo da UDC será o seguinte:
09:30 Saída do bus desde A Coruña*
10:30 Chegada, recepción do grupo.
10:45 Visita á sala de control
11:15 Obradoiro da enerxía / Coche eléctrico
11:45 Visita aeroxerador
12:00 Proxectos de investigación Sotavento
12:30 Descanso
13:00 Visita Vivenda Bioclimática Demostrativa
14:00 Despedida do grupo
15:00 Chegada a Coruña (hora estimada)

Toda a programación do Febreiro ambiental nesta ligazón e na web da OMA.
Dúbidas e mais información no correo oma2@udc.gal

* Pto. de encontro: Rotonda Campus Elviña, A Coruña. Concretarase por correo electrónico ás persoas inscritas. Parada facultativa no Campus de Esteiro, Ferrol, en función das inscricións.