Obradoiros de sustentabilidade

Xa está en marcha a Edición 2019 do noso curso Educando para a Sustentabilidade.
A primeira quenda de Obradoiros comeza xusto á volta dos exames de xaneiro, aos que vos podedes anotar na seguinte ligazón:
Ademais das horas presenciais, será posíbel desenvolver traballos prácticos contabilizando o horario de dedicación para a obtención de créditos para alumnado de grao da UDC (1C=10h)*.
Combinando traballo individual e en grupo, nos obradoiros de sustentabilidade faise uso da vivenda, a cidade e o campus como lugares de experimentación.
Anótate e participa para mellorar a sustentabilidade na UDC e nos teus hábitos, facéndote responsable no coidado do medio ambiente!
Facultade de Ciencias da Educación. Aula -1/3. Horario de 11:30 a 13h
  • 29 xaneiro: A pegada ecolóxica. A pegada da auga. A contaminación acústica
  • 5 feb.: Uso sostible das TICs e ferramentas para a xeorreferencia participativa.
  • 12 feb.:  Auditoría da auga e da enerxía na casa e no centro.
  • 19 feb.: Reciclaxe: Recollida separada residuos. Compostaxe.

* A información para o desenvolvemento dos traballos prácticos darase nas xornadas en aula. É posíbel inscribirse a cada obradoiro de forma independente.

Dúbidas e + info:
– oma2@udc.gal
https://www.udc.es/gl/sociedade/medio_ambiente/