Xornadas de voluntariado ambiental no Monte da Fraga
Datas: 13 e 20 de decembro
Punto de encontro: Charca do Monte da Fraga*
A cargo da equipa de educación ambiental de ADEGA.
Programa organizado en 4 quendas de traballo de campo:
Quenda 1: xoves 13 de 10 a 11:45h
Quenda 2: xoves 13 de 12:15 a 14h
Quenda 3 xoves 20 de 10 a 11:45
Quenda 3: xoves 20 de 12:15 a 14h
Cada persoa pode escoller participar en unha ou mais quendas, inscribíndose en oma2@udc.gal, indicando nome, apelidos, NIF e quenda(s) nas que te queres anotar.
A participación é libre ata completar as prazas, que se asignarán por orde de inscrición.
Nas xornadas expoñerase unha breve historia do Monte da Fraga e do seu Proxecto de Custodia, e farase traballo de campo con ferramenta manual para a plantación de especies autóctonas.
Recoméndase roupa e calzado cómodos.
![](http://etsa.udc.es/web/wp-content/uploads/2018/12/Charca-1-418x300.jpg)
*Ubicación da Charca do Monte da Fraga: 43.327173, -8.407110 (localizada no percurso desde a parte traseira da Facultade de Ciencias cara a Fac. de Filoloxía)