- “I Edición Premios UDC Sustentabilidade” a traballos fin de grao e máster 2018
Convocatoria aberta ata o 31 de decembro de 2018
Consulta as modalidades, condicións e prazos na seguinte ligazón: https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2018/004042
Ademais, no mes de decembro podes participar nas seguintes actividades organizadas pola Oficina de Medio Ambiente da UDC.
Todas as actividades son de balde, con inscrición previa en oma2@udc.gal, que se asignan por orde de solicitude.
Anímate a participar e facer da UDC un lugar mais sustentable!
- Voluntariado ambiental para a recuperación de zonas alteradas
Martes día 4 de decembro de 10 – 12 ou 12 -14 h. (dúas quendas, poderase anotar en unha ou nas dúas)
9ª xornada de control de Carpobrotus edulis na contorna da Torre de Hércules, em colaboración co Grupo Naturalista Hábitat.
Esta actividade ten o obxectivo de recuperación de zonas degradadas na contorna da Torre de Hércules-Punta Herminia, a través da posta en marcha de xornadas dirixidas ao control do C. edulis, especie vexetal incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras e referida no libro Plantas Invasoras de Galicia.
Toda a información na web no G.N. Hábitat, con inscrición previa (picar para acceder ao formulario de inscrición)
- Xornada de Voluntariado Ambiental no Monte da Fraga
Mércores día 5 de decembro de 15:30 a 17:30 h.
3ª Xornada de Eliminación de flora exótica invasora, a cargo da equipa de educación ambiental de ADEGA
No mes de outubro iniciouse un programa para a concienciación e divulgación da problemática das Especies Exóticas Invasoras (EEI) no Monte da Fraga. As EEI son a segunda causa de perda de biodiversidade a nivel planetario e un exemplo atópase no monte da nosa universidade.
Toda a información na web de ADEGA, com inscrición previa en oma2@udc.gal.
- Xornada de Voluntariado Ambiental no Monte da Fraga
Xoves días 13 e 20 de decembro*
Reforestación participativa no Monte da Fraga
A cargo da equipa de educación ambiental de ADEGA, nas xornadas expoñerase unha breve historia do Monte da Fraga e do seu Proxecto de Custodia, e farase traballo de campo con ferramenta manual para a plantación de especies de árbores autóctonas. *A reforestación organízase en 4 quendas (consultar web/blogue da OMA), con inscrición en oma2@udc.gal.
- Obradoiro de cadernos “2 caras, 2 usos” para a reutilización de papel.
Luns día 17, de 13:00 a 14:30h.
As medidas para reducir o impacto ambiental no uso do papel na UDC están orientadas a prevención, ao uso de medios informáticos cando non é imprescindíbel o uso do papel, a elección de papel reciclado e o aproveitamento do papel polas dúas caras. Neste obradoiro enmarcado no ProxectoEducando para a Sustentabilidade da UDC+Fund.Alcoa, utilizaremos papel que ten unha cara limpa para montar cadernos, dándolle así unha segunda oportunidade a eses folios que terminarían no lixo.