Novembro: Actividades da Oficina de Medio Ambiente da UDC

Actividades da Oficina de Medio Ambiente no mes de NOVEMBRO:

Seguindo a metodoloxía das auditorías dirixidas á minimización, este obradoiro busca coñecer as actividades e os lugares onde se consume maior cantidade auga, as súas causas e formas de reducir ese consumo.
Visita guiada á planta piloto de humidais construídos localizada no Monte da Fraga, a cargo do persoal do grupo de investigación de Enxeñaría Química Ambiental (EnQA) da UDC, que traballa no eido da depuración ecolóxica de augas residuais urbanas e industriais.
– Exposición de enerxía e cociña solar no campus de Esteiro (Ferrol)  aberta ata o día 14
Visita libre, sen inscrición. Exposición sobre enerxía solar “Enchufados ao sol”, da man de ADEGA, e “Aparellos para a cociña solar” da man de Juan Bello e Picos do Sol. Ocasión para achegarse a coñecer como aproveitar esta enerxía limpa e inesgotable, e as súas posibilidades na cociña.
– Xornada de voluntariado ambiental no Monte da Fraga día 15 (15:30-17:30h)
II Xornada de voluntariado para a eliminación de Especies Exóticas Invasoras, a cargo da equipa de educación ambiental de ADEGA. Consistirá no traballo de campo con ferramenta manual para a eliminación das principais especies de flora que se atopan no Monte da Fraga.
– Semana Europea de Prevención dos Residuos: Exposición  na Facultade de Ciencias da Educación do 19 ao 23
Xornadas informativas dos diferentes modelos de recollida separada de residuos, caracterización e posterior exposición nas zonas comúns da Facultade de Ciencias da Educación.
– Noite dos morcegos día 27 (18:00-21:00h)
Introdución á bioloxía dos quirópteros: folklore, ecoloxía e bioloxía das especies galegas. Revisión das caixas de morcegos localizadas no campus da Zapateira.
A participación en todas as actividades é de balde, pero é imprescindible inscribirse en oma2@udc.gal
Toda a información, detalles de horarios e lugares en:
Tamén nas redes sociais:
Facebook: Oficina de Medio Ambiente UDC
Instagram: bolseirosoma