Exposición dos traballos do Joint 2018 en Anda City (China)

 

O goberno da cidade chinesa de Anda City está a expoñer os resultados do Joint 2018 na sala de exposicións municipal do 02 de xullo ao 05 de agosto con grande asistencia de público.

A quinta edición do Joint Graduate Design Project tivo como obxecto de traballo humanizar unha grande área ferroviaria no centro urbano de Anda, caracterizada por elementos patrimoniais de orixe ruso onde había que propoñer novos usos, dotar á cidade de equipamentos necesarios, ordenar o espazo público e solucionar problemas de conectividade.

Os traballos dos alumnos das institucións académicas chinesas Harbin Institute of Technology e Inner Mongolia University of Technology ademais dos da ETSAC conforman esta exposición.

Por parte da nosa escola participan os estudantes: Erika Bea, Diego Díaz, Antía Leal, Pablo Martínez, Noemi Cuba, Lara Gundín, Paula Cabaco, Jacobo González, Rubén López, Blanca Villasante, Víctor López, Marta Garaboa, Claudia Gómez e Laura Barrós.