O Joint Graduate Design Project entre as escolas de arquitectura da UDC e as das universidades chinesas HIT (Harbin) e IMUT (Hohhot) celebrará na ETSAC o seu xurado final.
Nesta xa quinta edición do Joint as tres escolas presentarán os traballos doutras tantas ducias de estudantes de último curso que veñen de desenvolver o seu proxecto durante os últimos tres meses da man de dous titores por institución académica. En marzo pasado coincidiron os tres equipos no traballo de campo desenvolto en Anda City.
O traballo proposto ten como ubicación unha área central desa cidade interior chinesa, en concreto, a intervención na contorna da estación do ferrocarril, caracterizada por elementos arquitectónicos patrimoniais de orixe rusa en desuso e vencellados á liña de ferrocarril de comezos do século XX.
Arrancaremos o luns 04 de xuño e contaremos coa vicerreitora de Internacionalización da UDC, Pilar de la Torre, na presentación dos resultados deste evento de mobilidade. Tamén nos visitará o director da escola do IMUT o prof. Jiao Xiaohu. Agradecementos a todos eles, titores e estudantes.
Máis información: 2018 Joint schedule at ETSAC