PROCESOS HABITADOS: OS EFECTOS DA CRISE NO TECIDO URBANO
Galicia, onde se estima que 50.000 edificios permanecen abandonados ou inacabados, sufriu vivamente a crise financeira de 2008 que enraíza con outras crises sistémicas anteriores. Nunha escala local na área urbana da Coruña uns 2.000 elementos arquitectónicos de todo tipo e arredor dun 20% das vivendas do parque inmobiliario foron deixadas baleiras debido aos desafiuzamentos, a insolvencia ou á quebra do mercado, deixando tras de si un desolador e doloroso panorama de CASAS SEN XENTE E XENTES SEN CASAS.
EMPTY CORUÑA?” confórmase como un obradoiro universitario, interdisciplinar, participativo e autoxestionado que identifica e investiga para avanzar nas respostas aos grandes desafíos dos que raramente se fala na universidade: resolver a actual desconexión entre a demanda e a provisión de nova edificación, o tratamento das feridas que foron causadas polas prácticas que converteron a cidade nun obxecto de explotación económica ou o aseguramento do dereito a vivenda a tódalas persoas ás que se lle está a negar.
Trátase en definitiva dunha escola de verán entre o académico e o activismo social, reivindicativa do dereito á cidade e do ben común.
Baixo a dirección de Plácido Lizancos, Estefanía Calo, Scott Lloyd, Hans Christian Ruffer, Sonia R. Beltrán e profesorado de Arquitectura, Socioloxía, Enxeñería de Camiños, Arquitectura Técnica, Dereito e Empresa, coa asistencia de activistas sociais de toda Europa e a inauguración de Carlos Taibo coa palestra “O colapso do sistema”.
Máis información: empty.coruna@udc.gal
Matrícula: http://www.udc.es/occ/cursos_congresos_simposios/cursosveran/Cursos2018/13curso2018.html
Visita o espazo empty.coruña? na Escola de Arquitectura, andar -1