O reitor visita a ETSAC

O noso Reitor, Julio Abalde, e o seu equipo achéganse, cada curso, aos centros da Universidade da Coruña para manter reunións abertas con toda a comunidade universitaria. Estas reunións teñen como obxectivo coñecer de primeira man as necesidades e inquedanzas que se presentan en cada centro e que ás veces non se transmiten polas canles oficiais. Son encontros con todo o profesorado, persoal de administración e servizos e alumnado nos que se buscan unha cercanía para escoitar e comentar os temas de interese en cada centro.
O reitor visitará a Escola o vindeiro día 04 de decembro, ás 10:00 horas no Salón de Actos.
Contamos coa vosa presenza.